Teresa Sabio visitou ás alumnas que participan no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, realizou unha visita ás alumnas que participan no obradoiro Coidando á coidadora, que se desenvolve no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
Oito mulleres asisten ás sesións, iniciadas a principios de mes e que rematarán o 18 de novembro. A concelleira naronesa recordou que aínda quedan dispoñibles seis prazas, e destacou a importancia deste tipo de actividades, incidindo no feito de que as persoas interesadas poden acudir incluso iniciado o curso, como é o caso, “porque deste xeito coñecerán mellor os temas a tratar de cara á convocatoria que desde esta concellería se realizará novamente o vindeiro ano”. Para anotarse hay que presentar as instancias no Rexistro municipal, en horario de 08.30 a 13.00.
“Este tipo de accións formativas están pensadas para coidadores non profesionais e entre os seus obxectivos está dotalos de mellores recursos, habilidades e estratexias á hora de ter que facerse cargo do coidado dunha persoa dependente”, subliñou a edil de Promoción Social.
As sesións desenvólvense polas tardes, de 18.30 a 20.30 os venres, tal e como recordou Teresa Sabio.
- Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).