Funcionarios e políticos locais gardan cinco minutos de silencio en lembranza das dúas mulleres asasinadas onte en Cervo (Lugo)
Os representantes políticos municipais, encabezados polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os funcionarios do Concello, secundaron o pasado día 16 unha concentración silenciosa en repulsa polo asasinato acontecido o 15 na localidade de Cervo, onde presuntamente un home asasinou a dúas mulleres da súa familia.
A concentración tivo lugar ás portas do Concello, na Praza de Galicia, e no transcurso da mesma gardáronse cinco minutos de silencio en lembranza das vítimas, e como xesto de rexeitamento da violencia.