O Concello de Narón organiza unha charla coloquio sobre a obra de Rosalía de Castro e repartirá exemplares de ‘Cantares Gallegos’
O salón de actos da Biblioteca Municipal do Alto acollerá hoxe, luns 4 de marzo ás 20:00 horas, unha Charla-coloquio sobre a escritora galega Rosalía de Castro, a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, catedrático de Literatura. A súa última publicación foi "Rosalía de Castro, a persoa e a obra, de onte a hoxe" (2011).
A entrada será libre a este acto está organizado polo Concello de Narón.
Esta actividade celébrase con motivo da conmemoración do Día de Rosalía en Narón -celebrado o pasado domingo 24 de febreiro- coincidindo con 150 aniversario da publicación da súa obra “Cantares Gallegos”.
Ademáis, o Concello de Narón repartirá a esta semana un centenar de exemplares deste clásico da literatura galega, nos Colexios de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e nas asociacións de veciños do municipio
Esta é unha nova oportunidade que nos brinda o Concello de Naróna para achegarnos a unha obra fundamental da literatura galega e á vida dunha muller que, sen dúbida, merece a pena coñecer e ler, tanto pola súa sensibilidade como pola calidade dos seus textos.