
A Biblioteca de Mulleres é unha biblioteca especializada creada en 1985 por Marisa Mediavilla Ferreiros, feminista, bibliotecaria e documentalista.
Proxecto ao que pronto se incorporou Lola Carballos Moreno, feminista, filóloga e escritora que permaneceu nela ao longo de case todo o traxecto, e moitas colaboradoras sen cuxo traballo a Biblioteca non chegase a ser o que é.
En 1991 constituíuse en asociación non lucrativa de ámbito estatal. É miembra da Rede de Bibliotecas e Centros de Documentación de Mulleres desde os seus inicios e foino da Asociación María Moliner.
Obxectivos
Ademais dos propios de toda biblioteca, creouse para:
- Reunir a cultura e o saber que as mulleres elaboramos ao longo da Historia, especialmente a historia das mulleres en España.
- Visibilizar e testemuñar a achega das Mulleres á sociedade, esa historia nunca contada e mantida no silencio.
- Ser un lugar de encontro e de intercambio de información e experiencias.
- Reunir e conservar documentos elaborados polo Movemento Feminista.
Colección
O seu fondo consta duns 30.000 volumes, composto por estudos e ensaios feministas, femininos e misóginos (tanto de autoras como de autores), biografías, obras de creación artística e literaria, ademais de literatura gris, revistas e coleccións especiais como axendas, calendarios, carteis, folletos, selos, adhesivos, cartóns, cómics, chapas...
Contén algunha obra do S. XVIII, bastantes do S. XIX e do primeiro e segundo terzo do S. XX; a maioría están descatalogadas, compradas en librarías de vello, Rastro, Mercat de Sant Antoni e en Feiras do Libro Antigo. Algúns destes documentos son imposibles de conseguir hoxe día.
A doazón ao Instituto da Muller.
En 2006, a Asociación Biblioteca de Mulleres, que se encargou durante máis de dúas décadas do impulso e a xestión deste fondo bibliográfico e documental, doou o seu fondo bibliográfico ao Instituto da Muller, que desde entón se encarga de custodialos, amplialos e facelos dispoñibles para a consulta e a investigación.
Consulta dos fondos bibliográficos.
Desde o 8 de outubro de 2010 pode consultarse a través da base de datos bibliográfica. Asi mesmo, e para autoras españolas de creación literaria e obras anteriores a 1936 (aínda que non sexan de creación literaria) pode consultarse o catálogo da web mujerpalabra, onde tamén se atopa o catálogo de revistas actualizado.
Servizos que ofrece a Biblioteca de Mulleres
- información bibliográfica
- acceso en liña ao catálogo
- consulta en sala
- acceso a internet
- servizo de fotocopias
A Biblioteca de Mulleres é testemuño da loita das mulleres en España, pois se creou no momento de reivindicación do Movemento Feminista, e porque é o resultado da colaboración de moitas mulleres que pasaron por ela durante estes 25 anos con de miles de horas de traballo non remunerado.
Esta Biblioteca é un patrimonio cultural das mulleres do que ata agora carecemos.