Esta asociación asume a responsabilidade dos homes na construcción dunha sociedade igualitaria. Ofrecen unha mensaxe en positivo que permitirá a moitos homes iniciar procesos de cambio e superar algunhas barreiras que existen na nosa sociedade.
O movemento de homes pola igualdade xurdíu a principios dos anos 70 nos países nórdicos, por cercanía ao movemento feminista. Baixo estas premisar apareceu AHIGE unha asociación comprometida coa necesidad de dar dimensión social aos cambios e vivencias que se están experiementando.
Os seus obxectivos básicos son traballar contra a discriminación estructural que xenerou a sociedade (básicamente sobre as mulleres e persoas non heterosexuais) e favorecer o cambio dos homes cara posicións igualitarias.
Este cambio fano desde un plantexamento de responsabilidade, personal e colectiva. Non podemos nen debemos permanecer alleos á discriminación que xeran determinadas actitudes machistas na sociedade.
Sobre esta base plantexan actividades en tres liñas: a persoal, a intevención técnico-profesional e a incidencia social.