Os actos conmemorativos do Día Internacional da Muller continuarán esta tarde na Biblioteca municipal.
Ás 19.00 horas presentarase o libro “Machismos: de micro nada”, escrito polo colectivo de mulleres “Fiadeiras” e editado por Embora. Os actos previstos para esta semana continuarán mañá coa tradicional Cea da Muller, á que asistirán unhas cento vinte persoas, tal e como apuntou a edil de Igualdade, Teresa Sabio.
A cea dará comezo ás 21.30 horas e servirá para rendir unha nova homenaxe, neste caso pública, á Muller do Ano 2017 de Narón, a actriz e directora da Escola de Teatro de Narón Flor Maceiras. O pasado 8 de Marzo comunicóuselle nun acto oficial celebrado no Concello este recoñecemento pero mañá será o turno da homenaxe pública, que terá lugar no restaurante A Roldana, no polígono de Río do Pozo. Está prevista a asistencia ao acto doutras mulleres que recibiron a mesma distinción que Flor Maceiras en anos anteriores.
Os actos previstos desde o Concello –as áreas de Igualdade, Cultura e Bibliotecas- con motivo do Día Internacional da Muller rematarán o 16 de marzo cun obradoiro informativo sobre o “Servizo de atención psicolóxica para vítimas de violencia de xénero”. Será aberto á participación do público en xeral e terá lugar no Centro Cívico Social da Gándara a partir das 18.00 horas.