Evento organizado polo Concello e as asociacións de diversidade funcional en Odeón
A Concelleira de Promoción Social e Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou hoxe en rolda de prensa o acto “A diversidade ten dereitos” organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional da Diversidade Funcional, o vindeiro 12 de decembro.
A cita será no Centro Comercial e de Ocio Dolce Vita Odeón, de 17 a 20 horas, e contará coa participación das seguintes entidades sociais:
- Grupo de diversidade funcional de Ferrol e comarcas de COGAMI.
- Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (ASPANEPS).
- Asociación de Pais de nenos con Minusvalía (ASPANEMI).
- Asociación de Sïndrome de Down Teima.
- Asociación Vida Activa.
- Asociación AFAES PortaNova.
- Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
- Asociación Sociocultural ASCM.
O programa da Xornada de Diversidade Funcional é o seguinte:
- Exposición de imaxes das asociacións (pódense ver do 10 ó 15 de decembro).
- Exposición de artesanías.
- Actuacións de piano (Asociación Chamorro).
- Lectura do manifesto sobre a Diversidade Funcional, a cargo da Concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio.
- Coral ‘Sonidos de amor’ (ACSM).
- Saúdo do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
- Musicoterapia (Asociación Vida Activa).
- Baile (Asociación Vida Activa).
Esta iniciativa forma parte dunhas xornadas informativas sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, que teñen como finalidade o reforzar as actuacións dirixidas a colectivos vulnerables e fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais.
No mesmo programa inclúense as I Xornadas de Teatro e Diversidade, que se desenvolverán no Café Teatro do Pazo, nas seguintes datas:
- día 9 de xaneiro ás 18:30 horas: ASCM;
- día 16 de xaneiro ás 18:30 horas: Asociación Vida Activa;
- día 30 de xaneiro ás 18:30 horas: Chamorro e Diversidade Funcional.