Actividades da Asociación deAapoio ao Aleitamento Materno BBTTA

Publicado o 02 de Outubro de 2013

Estas actividades vanse desenvolver en Narón durante o mes de outubro, con motivo da celebración da Semana Mundial do Aleitamento Materno 2013

BBTTA Narón organizará as seguintes actividades durante este mes no Concello de Narón:

  • MERCORES DÍA 2 OUTUBRO : Charla “Rompendo os mitos da teta” desenvolvida polas matronas Raquel Ramos e Conchi González coincidindo coa xuntanza semanal en Domirón
  • SABADO DÍA 5 OUTUBRO: A partires das 17:00 horas, na praza da Gándara en Narón terá lugar a Festa da Teta. Esta xornada festiva contará coa actuación dunha banda de gaitas, a presenza dun stand informativo sobre o aleitamento e un castelo inchable para @s máis pequen@s.
  • MÉRCORES DÍA 9 DE OUTUBRO: Exposición de SORAYA GARCÍA RIBEIROS, pintora autodidacta, mostra as súas obras coa temática do aleitamento materno no Odeón no horario de 11:00 h a 13:00 h da mañá e 17:00 h a 19:00 h da tarde.
  • MÉRCORES DÍA 9 OUTUBRO: Tamén no Odeón terá lugar a xuntanza semanal desta asociación, que se vai desenvolver de 17:00 h a 19:00 horas.


Se estades interesad@s en asistir a esta celebración nlagunha das xornadas e precisades de máis información podedes atopala chamando ao teléfono 680 113 845 ou no blog da Asociación:  http:\\blog.bbtta.es

O Concello de Narón colabora na organización destas actividades.