Xornada aberta do Club de Lectura feminista co faladoiro “Só si é si”

Publicado o 16 de Febreiro de 2022

A Biblioteca pública municipal organiza unha xornada aberta o xoves 17 de febreiro ás 18.00 horas que acollerá un faladoiro titulado ´Só si é si”

 

 

A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, animou á participación cidadá nesta xornada e recordou que este faladoiro está articulado a partir da Lei Orgánica de garantía integral da liberdade sexual (coñecida como “Lei só si é si”) xa que as persoas participantes no Club de lectura feminista están lendo na actualidade o libro ´El consentimiento´ da escritora Vanessa Springora.

A poñente, Rocío Saavedra Fernández, é Técnica de formación da Cruz Vermella e Politóloga feminista. A sesión está aberta ao público en xeral, reservándose once prazas para as participantes do Club de Lectura e cubrindo o resto de prazas por orde de chegada ata compretar o aforo da sala que é de 30 persoas en total.