A colaboración cidadá é importante para o traballo de seguemento e análise do Observatorio da Imaxe das Mulleres.
Podes presentar as túas queixas sobre contidos publicitarios ou dos medios de comunicación que consideres que son sexistas ou inclúen imaxes estereotipadas das mulleres.
O Observatorio da Imaxe das Mulleres (OIM), nos seus inicios o Observatorio da Publicidade Sexista, creouse en 1994 para dar cumprimento dos compromisos legais, tanto europeos como nacionais, de fomentar unha imaxe equilibrada e non estereotipada das mulleres.
Que fai?
Para cumprir os seus obxectivos o OIM ten encomendadas as seguintes funcións
- Recollida das queixas cidadás e seguimento de oficio dos contidos considerados sexistas.
- Análise e clasificación dos contidos detectados ou denunciados co fin de obter unha visión do tratamento actual da imaxe das mulleres na publicidade e os medios de comunicación.
- Actuación fronte aos emisores das mensaxes discriminatorias, solicitando a modificación ou retirada das campañas máis estereotipadas ou denigrantes para as mulleres, ou requiríndolles un cambio de liña nas súas accións futuras.
- Difusión da información obtida co fin de continuar fomentando o rexeitamento social ao tratamento discriminatorio a través da comunicación mediática .
- Participación en actividades de formación e sensibilización sobre a influencia que o tratamento discriminatorio nos medios e a publicidade ten na desigualdade.