Dereitos das nais traballadoras
É importante que as nais traballadoras coñezan os seus dereitos, porque iso é un tema primordial para poder defender a lactación e evitar moitísimos fracasos na mesma. É evidente que a reincorporación prematura á vida laboral activa é un dos grandes problemas, na práctica, para o mantemento da lactación seguindo as recomendacións da OMS e a UNICEF.
Na páxina: www.laligadelaleche.es tratan os permisos por maternidade, para atender a fillos prematuros, o dereito á redución de xornada, a excedencia voluntaria por coidado de fillo, maternidade e desemprego, a prestación por risco para a lactación, as opcións que temos para compatibilizar aleitar e traballar...
Dereitos todos eles recolleitos no Estatuto dos Traballadores, a Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras (BOE de 6 de novembro de 1999) e na Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Máis información