A exposición “Mulleres en Narón” permanecerá instalada na praza do antigo Concello de Xuvia

Publicado o 31 de Marzo de 2021

A homenaxe organizada con motivo do 8M, céntrase nas galardoadas coa distinción "Muller do Ano de Narón"

 

 

A exposición fotográfica itinerante “Mulleres en Narón” trasladase de ubicación e permanecerá dende esta tarde e durante unha semana na praza do antigo Concello de Xuvia, tal e como informou a concelleira de Igualdade, Mar Gómez.

A exposición consta de tres paneis temáticos centrados no papel da muller e nos que se pode ver ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” entre os anos 2016 e 2020 incluídos; información sobre a Revolta Popular de 1918 e as súas consecuencias en Narón e os recursos que ten o Concello en materia de Igualdade.

Gómez recordou que a exposición xa se instalou na Praza da Gándara, na Praza de Galicia e nas inmediacións do Centro cívico social do Val. A concelleira de Igualdade anima á veciñanza a acudir a ver os diferentes paneis “para coñecer un pouco máis unha parte importante da historia da nosa cidade, na que as mulleres tiveron un papel decisivo e que dende o Concello quixemos recoñecer e visibilizar con esta mostra, con motivo da celebración, neste mes de marzo, do Día Internacional da Muller”.