A exposición “Mulleres en Narón” con motivo do 8M trasladarase mañá á Praza de Galicia

Publicado o 17 de Marzo de 2021

A exposición, de carácter itinerante, seguirá ata mañá no exterior do Pazo da Cultura

 

 

A exposición fotográfica “Mulleres en Narón” pode verse dende o pasado día 12 no acceso peonil do Pazo da Cultura, no exterior da fachada principal, onde permanecerá ata mañá, 18 de marzo. A edila de Igualdade, Mar Gómez, indicou que “esta mostra organizada con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inaugurouse na Praza da Gándara o pasado 5 de marzo e dende o goberno local quixemos apostar por darlle un carácter itinerante, co que se poderá ver en diferentes espazos públicos da cidade”.

Unha vez que remate o período no Pazo, os tres paneis que conforman a mostra trasladaranse á Praza de Galicia, onde permanecerán dende o 18 ata o 25 de marzo. As dúas seguintes ubicacións desta exposición, tal e como avanzou Gómez, serán as inmediacións do local social do Val, onde poderase ver do 25 ao 31 de marzo, e a praza do antigo Concello de Xuvia, onde chegará o día 31 de marzo para estar tamén unha semana.

A mostra “Mulleres en Narón” está formada por tres paneis nos que se recorda ás mulleres que recibiron a distinción de “Muller do Ano de Narón” entre os anos 2016 e 2020; os recursos do Concello en materia de igualdade e conciliación, a Revolta das Pedradas… “Queremos facer visible o papel da muller na historia da nosa cidade, os recursos dos que dispón a cidadanía no Concello nese ámbito e facelos chegar a través desta exposición a diferentes barrios e parroquias da nosa cidade”, apuntou a edil, que animou á veciñanza a visitar esta mostra itinerante.