As actividades comenzarán en setembro e se prolongarán ata xuño de 2011. O programa de atención ás persoas maiores pretende mellorar as condicións de vida dos maiores a través das actividades ofertadas dende o programa de atención ás persoas maiores
A concellería de Atención ás Persoas Maiores comunicou hoxe a próxima apertura do prazo de inscricións nos programas de envellecemento activo. As actividades comenzarán en setembro e se prolongarán ata xuño de 2011. O programa de atención ás persoas maiores pretende mellorar as condicións de vida dos maiores a través das actividades ofertadas dende o programa de atención ás persoas maiores.
As inscricións deben facerse na oficina da educadora social, no Servizo Sociocomunitario Municipal, e os pagamentos realizaranse na Caixa do concello. Os interesados/as en participar deben presentar un informe médico, no que conste a necesidade de realizar esta actividade e de conforme non están imposibilitados física ou psiquicamente para realizala.
Os prazos serán os seguintes:
- Ioga.
- Maiores de 60 anos: Do 23 ao 27 de agosto.
- Menores de 60 anos: Do 30 ao 31 de agosto.
Ximnasia rehabilitadora:
- Maiores de 60 anos: Do 23 ao 27 de agosto.
Curso de memoria:
- Maiores de 60 anos: Do 23 ao 27 de agosto.