Aberto o prazo para inscribirse na Andaina solidaria contra a violencia de xénero

Publicado o 10 de Novembro de 2021

A Asociación Seitura 22, da que forma parte o Concello de Narón, anunciou a convocatoria dunha andaina solidaria contra a violencia de xénero.

 

 

A cita será o vindeiro sábado, día 13, e o tramo que percorrerán os camiñantes será duns catro quilómetros, entre o mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto) e Neda. A saída está programada para as 11.15 horas e as persoas interesadas en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico: info@seitura22.gal ou chamando ao número de teléfono 981 333 398.

Unha vez en Neda, coa chegada fixada na zona de Subarreiros sobre as 13.00 horas, procederase a ler un manifesto, entregaranse agasallos, poderanse degustar uns pinchos e tamén haberá animación musical. Está prevista a asistencia á convocatoria do conselleiro de Medio Rural, José González, tal e como se indicou dende a organización.

A actividade é unha proposta da Consellería de Medio Rural e a Secretaría de Igualdade para os Grupos de Desenvolvemento Rexional de Galicia (GDR), entre os que está Seitura 22, e consiste nunha andaina nos Camiños de Santiago contra a violencia de xénero. Deste xeito, as caminatas sucederanse polos municipios donde discorren rutas xacobeas.