Representantes municipais visitaron as instalacións de AFAES para coñecer o traballo que desenvolven @s usuari@s desta entidade social
A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Catalina García, visitou esta semana as instalacións da Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais (AFAES) ubicadas na Estrada de Castela (no barrio de Piñeiros) dende o ano 2006.
A visita, proposta pola directiva da asociación coa que o Concello de Narón ten un convenio de colaboración, servíu para que a edil de Participación Cidadá coñecese os servizos que presta esta entidade.
Ademáis, dende AFAES informouse a Catalina García dun Proxecto para a produción, comercialización e distribución de produtos de horta, actualmente en fase de estudio. Este proxecto será presentado dende AFAES proximamente ás concelleiras de Igualdade e Formación Laboral e Emprego de Narón, Teresa Sabio e Mª del Mar Gómez respectivamente, para buscar unha posible colaboración co fin de materializalo. A asociación dispón xa dun terreo para comenzar a traballar na creación da horta, pero precísase construir un pozo de auga cunha profundidade de 40 metros, e instalar un sistema de abastecemento de rego para poder realizar o cultivo.
Na actualidade AFAES conta cun centro ocupacional no que se ofrecen os seguintes servizos a particulares e empresas: Xardinería, Lavandería e Costura. Ademáis, desenvolve talleres de Manualidades, Encadernación e Informática, contando con máis de 50 prazas para os usuarios. Esta entidade tamén dispón de 3 vivendas tuteladas, con capacidade para 12 usuarios, estando todas ocupadas na actualidade.
A plantilla de AFAES está composta por 2 psicólogos clínicos, 1 traballador social, 2 terapeutas ocupacionais, 2 educadoras, 7 profesores de taller, 1 administrativo e 1 limpiadora.