A Concellería de Igualdade abre o vindeiro luns o prazo para participar no programa ConciliaEscola durante as vacacións de Semana Santa
A Concellería de Igualdade do Concello de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abríu o pasado luns 11 de marzo o prazo de inscrición para o programa ConciliaEscola.
As mulleres interesadas terán ata o día 16 de marzo para apuntar ós seus fillos/as neste programa, que se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de marzo no parque temático Aldea Nova (Sedes).
Pódese formalizar a inscrición no Servicio Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello), ou ben no teléfono 981 33 77 00 - extensión 1113.
O horario deste programa é de 7:30 a 14 horas, e a participación é gratuita. Inclúe transporte en autobús, con paradas en tódalas parroquias do municipio.
Está dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
O programa ConciliaEscola ten coma obxectivo a eliminación dos obstáculos ós que se enfrontan as traballadoras para acceder e permanecer no mercado de traballo en igualdade de condicións, por ser as principais responsables do coidado de fillos/as e/ou familiares, e de cumprir con outras obligacións persoais. Por este motivo, ofréceselles este proxecto, con especial atención ás mulleres en risco de exclusión social e ós menores ó seu cargo.
As actividades educativas que se realizarán dentro do programa ConciliaEscola son as seguintes:
- Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas …)
- Enerxías Renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías,cociñar na cociña solar, facer motores…)
- Astronomía (Identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…)
- Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e poderán facer un taller das pegadas dos animais)
- Agroecoloxía (Labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)
- Supervivencia (Saber orientarse no medio físico),
- Cometas (aprender a facer cometas)
- Gandería (coñecemento e coidado dos animais de granxa )
- Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reproducción do castro, da mámoa ou a casa-museo…)
- Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)
- Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques,…..)
- Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)
- Candeas ( realizar velas con paneis de abellas)
- e Xabón ( realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais).