A concelleira de igualdade, Teresa Sabio, mantén aberto o prazo de inscripción para matricularse nos obradoiros: Mellora da economía doméstica a partir da confección, Cooperando en igualdade por medio da educación e o obradoiro de Destrezas persoais.
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, mantén aberto o prazo de inscrición para matricularse en tres obradoiros dirixidos a mulleres.
Trátase do Obradoiro para a mellora da economía doméstica a partir da Confección, o Obradoiro “Cooperando en igualdade por medio da educación”, e o Obradoiro “Destrezas de xestión persoal”. Nos tres casos, o , lugar de inscrición para participar nestos cursos –de carácter gratuito- é o Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello).
- O Obradoiro de Confección no Centro Municipal de Formación de A Gándara (en horario de mañá, de 9:30 a 12:30 horas, ata o mes de maio de 2012) e está dirixido a mulleres a partir de 18 anos de idade, que sexan perceptoras da RISGA e excepcionalmente, a outras previamente seleccionadas, establecéndose grupos de 15 persoas máximo.
O obxectivo deste curso é a formación na actividade de confección textil, e inclúe sete meses de formación práctica na que as alumnas serán bolsistas (é dicir, que cobrarán dietas de desprazamento) polo Concello para realizar todo o aprendido, adquirir novos coñecementos a través da experiencia e mellorar o que xa asimilaron no período de formación.
- O Obradoiro de Cooperación en Igualdade por medio da Educación ten coma obxectivos a adquisición ou actualización dunha formación básica de lectura, escritura e cálculo que permita ás beneficiarias desenvolverse de forma autónoma en situacións da vida cotiá favorecendo a inserción laboral e fortalecendo a autoestima, e o acceso ós distintos niveis educativos e profesionais. Desenvólvese na Casa da Mocidade, en horario de tarde, e está dirixido a mulleres a partir de 18 anos de idade.
- O Obradoiro de Destrezas de Xestión Persoal ten coma obxectivos formar ás mulleres en habilidades que melloren os seus hábitos domésticos, e dotalas de habilidades sociais e preelaborais, ademáis de crear un espazo no que as participantes adquiran novos coñecementos útiles para a súa vida diaria. Os lugares de realización é a Casa da Mocidade (A Gándara) e o CRA de San Mateo, en horario de mañá.