A concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espadas, mostrou a súa satisfación ao conseguir asegurar a calidade deste servizo público aos catro centros escolares de Narón nos que se oferta
O Concello de Narón e a Xunta de Galicia firmarán en breve un convenio de colaboración para a xestión municipal dos comedores escolares dos colexios públicos (A Solaina, A Gándara, Virxe do Mar, e O Feal) de cara ao vindeiro curso, segundo informou hoxe a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, desprazouse a Santiago en compañía da edila, donde foron recibidos polo secretario xeral de Ensino da Consellería de Educación. Os representantes municipais prantexáronlle a necesidade de alcanzar un acordo para a xestión do servizo de comedores escolares durante o vindeiro curso 2010-2011, chegando a un acordo entre ambas partes.
O Concello de Narón recibirá no prazo dunha semana un protocolo de intencións segundo o cal a Xunta de Galicia habilita ao goberno municipal para facerse cargo no vindeiro curso da xestión destos comedores. O documento será recibido no Concello, e unha vez que se firme se remitirá á Xunta e ó mesmo tempo poderánse iniciar os trámites de licitación do servizo de forma oficial.
O protocolo de intencións é un paso previo á firma dun convenio de colaboración entre ambas administracións, para a posta en funcionamento deste servizo. A Xunta de Galicia otorgará ó Concello unha subvención para contribuir á prestación do mesmo durante o curso 2010-2011, aínda por concretar a súa cuantía económica.
Tanto o Alcalde de Narón coma a Concelleira de Ensino valoraron de xeito positivo o acordo alcanzado na reunión de hoxe, xa que otorga ao Concello a potestade para poder garantir a prestación deste servizo nos catro centros escolares públicos que se ofertará o mesmo.
Por outra banda, o Alcalde de Narón lembrou ao novo secretario xeral de Ensino a proposta trasladada con anterioridade polo Concello de Narón á Xunta de Galicia, de cara á realización de obras de mellora e mantemento de dous colexios públicos de Narón.
Trátase do CEIP Ponte de Xuvia e do CEIP Virxe do Mar. Ambos centros precisan reformas que é necesario acometer, para o cal o Concello volveu a ofrecer hoxe á Xunta de Galicia a posibilidade de asinar un convenio de colaboración a varios anos para acometer estos traballos de mellora. “Seguimos á espera dunha resposta sobre este tema”, comentou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.