O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron hoxe os diplomas de dous cursos.
Trátase do Curso de Cociña para Homes (do que se entregaron 19 diplomas) e do Curso de Corresponsabilidade para mulleres (16 diplomas).
Os participantes no Obradoiro de Cociña Saudable aprenderon a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e o menú diario. Os obradoiros foron realizados no Centro Municipal Manuela Pérez Sequeiros e no Centro Municipal das Casas da Mariña, cunha duración de 25 horas cada un.
As mulleres participantes no Obradoiro de Corresponsabilidade coñeceron as habilidades básicas para a realización de pequenas reparacións domésticas de bricolaxe. Desta forma, aprenderon principios básicos de fontanería, electricidade e carpintería, divididos en seis xornadas, levadas a cabo no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.