O Concello promove un obradoiro de Sensibilización e Formación en Igualdade para o persoal municipal
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, pon en marcha un Obradoiro de Sensibilización e Formación en materia de Igualdade, dirixido ó persoal municipal.
O obradoiro ten como obxectivo principal impulsar a nivel institucional a igualdade real e efectivo, de xeito que o Concello de Narón e as persoas que nel desenvolven a súa actividade profesional sexan un exemplo na aplicación do principio de transversalidade na planificación e execución de servizos.
Esta iniciativa forma parte do II Plan de Igualdade do Concello de Narón, co que preténdese dotar ó persoal da administración local dunha formación que vele polo cumprimento das políticas de Igualdade, e impulse de xeito estable o proceso de transversalización de xénero no Concello.
A través deste obradoiro dotarase ó persoal encargado de xestionar os servizos públicos, dos coñecementos e ferramentas concretas para integrar a dimensión de xénero nas súas decisións e actividades cotiás, dando así unha resposta eficaz ás recomendacións das normativas europeas, estatais e autonómicas nesta materia.
O obradoiro desenvolverase no Concello en tres turnos:
- 1º GRUPO: 1ª sesión o día 6 de xuño (de 7:30 a 9 horas) e 2ª sesión pendente.
- 2º GRUPO: 1ª sesión o día 7 de xuño (de 7:30 a 9 horas) e 2ª sesión pendente.
- 3º GRUPO: 1ª sesión o día 13 de xuño (de 7:30 a 9 horas) e 2ª sesión pendente.
En liña: dúas horas e media