Mural conmemorativo sobre a Igualdade de xénero

Publicado o 19 de Maio de 2014

A Praza de Galicia acolleu o pasado xoves 15 de maio a realización dun mural conmemorativo sobre a Igualdade de Xénero no que participaron entidades de Narón

Praza de Galicia acolleu o pasado xoves 15 de Maio a partires das 17:30 horas un acto reivindicativo organizado pola Concellería de Igualdade, dentro da programación dos Actos Conmemorativos do 8 de marzo, Dia Internacional da Muller.

Tratouse dunha convivencia artística na que participaron diferentes entidades asociativas de Narón, que confeccionaron entre todas un Mural Conmemorativo, co fin de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de seguir traballando por conseguir plenos e iguais dereitos para mulleres e homes.

O artista naronés Leandro perfilou o mural sobre unha das fachadas do Auditorio Municipal, e a continuación as entidades participantes encargáronse de darlle vida a través da cor. A relación de entidades que participaron é a seguinte:

  • Asociación Mulleres Ferrerías (Xuvia)
  • AVV de San Xiao
  • AVV de Freixeiro
  • Asociación da 3ª Idade de Pedroso
  • Fundación "Terra de Trasancos" (O Val)
  • AVV O Val
  • ASPANAES
  • Asociación Sociocultural de Minusválidos
  • Fundación Secretariado Xitano
  • AVV de A Solaina
  • AVV Virxe do Mar
  • Grupo de apoio á lactancia materna BBTTA
  • Asociación As Regueifas (O Feal)