A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou en rolda de prensa o II Encontro Municipal Interxeneracional 2013.
A Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, presentou o II Encontro Municipal Interxeneracional 2013, que se desenvolverá o sábado 29 de xuño na Trece (Sedes).
Co obxectivo de favorecer a convivencia comunitaria e o envellecemento activo, celébrase este encontro de persoas maiores e as súas familias.
Esta xornada inclúe unha exposición de traballos e experiencias persoais e colectivas de diversas actividades: activación saudable, demostracións con actuacións artístico-expresivas, baile, xogos e actos protocolarios.
- Poden participar tódalas persoas maiores de Narón e as súas familias.
- O prazo para apuntarse finaliza o día 21 de xuño.
- O servizo de transporte é gratuito, e a comida é compartida (promóvese que a xente leve a comida da casa).
As inscricións poden realizarse nas seguintes asociacións:
- AVV Altea de Xuvia,
- AVV Ceibe de Narón,
- AVV do Alto do Castiñeiro,
- Club de Anciáns de Piñeiros,
- AVV Virxe de Fátima de Freixeiro,
- Centro Comunitario Integrado ‘Manuela Pérez Sequeiros’,
- Asociación da 3ª Idade de A Gándara,
- Asociación da 3ª Idade de A Solaina,
- AVV Chafarís, AVV Rosa dos Ventos de Sedes,
- Asociación da 3ª Idade de Pedroso,
- AVV A Naveira de Doso,
- Fogar de Maiores ‘Terra de Trasancos’ de O Val,
- e AVV Virxe do Mar.
Programa de actividades:
- 10:30 horas: Presentación
- 11:00 horas: Ximnasia
- 11:15 horas: Pilates
- 11:30 horas: Ioga
- 11:45 horas: Cancións
- 12:00 horas: Musicoterapia
- 12:15 horas: Cantareiras do Fogar de Maiores de O Val
- 12:30 horas: Bailes de Salón
- 12:45 horas: Cantar e divertirse xunt@s
- 13:00 horas: Danza oriental
- 13:15 horas: Coral municipal
- 13:30 horas: Agradecementos
- 14:00 horas: Xantar
- 16:00 horas: Entrega de diplomas
- 16:30 horas: Baile
- 18:00 horas: Sorteo de agasallos
- 19:00 horas: Regreso
Durante toda a xornada haberá tamén xogos inchables infantís, exposicións solidarias e demostracións en vivo de artesanía.