Concentración silenciosa contra a Violencia de Xénero

Publicado o 08 de Novembro de 2012

Hoxe día 8 de novembro ás 12 horas na Praza de Galicia celebrarase unha concentración silenciosa contra a violencia de xénero

En base a que tódolos indicios que manexan as autoridades policiais apuntan a un novo caso de violencia de xénero:

O Concello de Narón convoca para hoxe xoves 8 de Novembro ás 12:00 horas na Praza de Galicia, unha Concentración Silenciosa polo suceso acontecido o pasado luns na parroquia de A Revolta, en Sedes.

Gardaranse cinco minutos de silencio, en repulsa polo presunto asesinato dunha muller a mans da súa parella.