Concentración de condena do asasinato de Ana Vanessa Serén.
O Concello convocou este mediodía unha concentración ante a porta principal para condenar o asasinato, na xornada do pasado domingo, dunha muller de 44 anos, Ana Vanessa Serén, ás portas do cámping no que traballaba en Oia, Pontevedra, a mans da súa exparella.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local, así como persoal do Concello, participaron na convocatoria para amosar a súa total repulsa á violencia de xénero.
As persoas asistentes gardaron un minuto de silencio, tras unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero”. Marián Ferreiro agradeceu a participación da xente que se sumou á convocatoria e incidiu na importancia de “erradicar esta lacra social”