A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, presentou o venres en rolda de prensa a "Marcha Ciclista 25 de Novembro", organizada por esta concellería xunto co equipo de Educación Vial do Concello.
Na presentación tamén participou un dos responsables desta unidade, Pedro Caneiro, xunto co coordinador de Emerxencias Narón, Rafael Pazos, e o presidente do MotoClub Fojeteiros, José López Quintián, en calidade de colaboradores.
Esta iniciativa se desenvolverá o martes 25 de novembro, e na mesma está prevista a participación aproximada de 500 escolares de Educación Primaria (cursos 5º e 6º) dos seguintes centros educativos: O Feal, A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apostol, Gándara, Piñeiros, Jorge Juan e Ponte de Xuvia.
Os participantes realizarán unha ruta en bicicleta dende os seus colexios ata a Praza da Gándara, onde está prevista a chegada ás 11:30 horas. Unha vez alí, lerase a Moción contra a Violencia de Xénero (aprobada no pleno do mes de outubro) e se realizará unha ofrenda floral no Monumento á Muller, situado nesta praza.
O obxectivo desta iniciativa é visibilizar a loita contra a violencia de xénero, con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademáis, de xeito complementario á marcha ciclista, os colexios realizaron unha serie de murais con mensaxes de rexeita á violencia exercida sobre as mulleres. Estos traballos estarán expostos no vestíbulo do Pazo da Cultura dende o 24 de novembro ata o 3 de decembro.
Dende a Concellería de Igualdade promóvense ambas accións para implicar á comunidade escolar na loita contra este fenómeno, nas súas distintas dimensións (física, psicolóxica, sexual, simbólica…) así coma calquera forma de sexismo.